Chámome María, creo este blog co fin de aprobar a asignatura de informáica.
Vivo na Illa de Arousa e teño 15 anos camiño dos 16.
Estudo 4º de E.S.O, e nun futuro gustaríame estudar maxisterio.
No meu tempo libre xogo ó baloncesto.Paréceme moi divertido, xa que comparto esta afección coas miñas amigas e paréceme unha boa forma de estar saudable.
Tamén me gusta a cultura galega, e sobre todo a súa musica.Polo que vou a baile galego e toco a pandeireta.Agora estou empezando a tocar a gaita.
Gústanme os animais, os meus preferidos os cans.
Encántame ir de compras coas miñas amigas e pasar as tardes con elas, pero tamén me gusta estar rodeada da miña familia.
O meu xogador preferido e Pau Gasol, non porque fose o primeiro español en conseguir o anillo da NBA senón porque nunca se rinde.
Nas tardes de choiva gustame xogar ao Sing Star e mirar algunha película pero de terror non porque non me gustan.
Adoro as palomitas coas películas e tamén cando vexo un partido de baloncesto porque me parece tan emocionante como as películas.
Non é que me guste todo tipo de música , pero si a maioría.
O tipo de música que escoito vai dende Red Hot Chili Pepers ata Eminen, Beyoncé e Nena Daconte.
Remato porque o minímo eran 10 líneas e creo que xa fixen algunhas de máis.
lunes, 19 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario