lunes, 23 de noviembre de 2009

A cantante Taylor Swift arrebata o American Music Award a Michael Jackson


A cantante e a compositora de country Taylor Swift arrebatoulle o premio ó mellor artista do ano ó falecido «rei do pop», Michael Jackson, na 37 edición dos American Music Award que se celebrou hoxe nos Los Ángeles.

Ambos competían polo título que conceden os fans cos seus votos en internet co grupo, Kings of Leon, a diva do pop Lady Gaga e o rapeiro Eminem.

Taylor Swift obtuvo ademáis o premio na categoría Mellor Artista Pop Rock Feminina, impoñéndose a Beyoncé, Mellor Artista Country, Mellor Artista Adulto Contemporáneo y Mellor Disco Country.


A moza cantante non puido asistir á gala que seguiu en directo desde Londres onde se atopa para a súa próxima actuación, pero entrou en vía satélite para agradecer os premios.


Os premios foron concedidos nunha espectacular gala celebrada no teatro Nokia Theatre que abriu Janet Jackson cunha versión dos grandes éxitos do seu irmán como «Miss you much,» «What have you doe for me lately» ou «If», coincidindo coa saída ao mercado do disco «Number Ones».

No hay comentarios:

Publicar un comentario